Proseguen no Son as actividades contra a violencia de xénero baixo o epígrafe Somos iguais

23 Novembro 2021

Baixo epígrafe común Somos iguais: Porto do Son coa igualdade e contra a violencia de xénero, o Concello de Porto do Son preparou unha completa axenda de actividades para sumarse ás celebracións do 25 de novembro, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller. A primeira das accións previstas é a creación colectiva dos murais Somos Iguais, que están a coller corpo nos colexios das parroquias de Nebra e Xuño (CEIP Sobrado de Nebra e Xuño), incluíndo a realización de varias actividades complementarias de divulgación e concienciación co alumnado destes centros docentes.

A axenda tamén incluíu a proxección da curtametraxe As tres caídas de María Santiso, mobilizando aos estudantes de cuarto da ESO do IES do termo municipal, e a representación (o pasado 20 de novembro) da obra Invisibles, de Redrum Teatro, tamén na Casa da Cultura (unha obra para todos os públicos que pon o foco na reivindicación e visualización das mulleres que sufriron a violencia e que está abeirada á Rede Cultural da Deputación da Coruña).

O programa tamén abrangue actividades terapéuticas dirixidas a mulleres con diversidades funcionais e cognitivas (en colaboración coa Asociación Acadar) e a adhesión do Concello á campaña da Deputación da Coruña do 25-N (De fronte á violencia de xénero), incluíndo o reparto de calendarios pola igualdade, coa colaboración da entidade provincial.

Amais, o importante evento deportivo Sen-Son 10 k sumarase ás reivindicacións contra a violencia de xénero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...