Porto do Son acollerá unha xornada para fomentar a cultura do acollemento familiar a nenos e adolescentes

16 Novembro 2021

Co obxectivo de convidar ás familias a xerar recursos que axuden a mellorar a calidade de vida das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e vulnerabilidade, o Concello de Porto do Son e máis a Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO) van organizar este 23 de novembro a charla Contigo florece, xerando cultura de acollemento. Será ás 17.30 horas no Centro de Interpretación do Castro de Baroña.

Na actividade porase o foco en mostrar a realidade na que vive os devanditos nenos e adolescentes, para os cales o acollemento familiar representa unha gran oportunidade para mellorar a súa calidade de vida. O coloquio estará aberto a toda a cidadanía en xeral mais, por mor das medidas fronte á COVID-19, é preciso inscribirse no teléfono 622 672 188 ou a través do correo info@acougo.gal. Está dispoñíbel un formulario para facelo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...