Outes achega axudas para a promoción da autonomía persoal das persoas dependentes e/ou discapacitadas

08 Novembro 2021

O Concello de Outes vén de publicar unha convocatoria de axudas para “a promoción da autonomía persoal e a accesibilidade”. Estas axudas, achegadas por vez primeira polo Consistorio, van dirixidas a “aquelas persoas con discapacidade ou/e dependencia, ou que a teñan en trámite, con recursos limitados, que precisen de axudas técnicas, produtos de apoio ou adaptación funcional do fogar e eliminación de barreiras”.

O Concello explicou que ao abeiro destas subvencións co-financiarase a adquisición de aparellos para a aseos e hixiene persoal así como para a mobilidade, o posicionamento e a protección persoal, tales como camas articuladas, varandas de protección, cadeiras salva escaleiras, etc.

A contía máxima das axudas por beneficiario son 1.500 € e a convocatoria conta cun orzamento total de 15.000 €, financiados co POS Social da Deputación da Coruña.

Segundo informaron a concelleira de igualdade e benestar, Raquel García, e o alcalde Manolo González, estas axudas están inseridas na aposta do Executivo local por mellorar e reforzar a atención ás persoas dependentes do ámbito municipal de Outes, “facilitando que as mesmas poidan desenvolver a súa vida coa maior confortabilidade posíbel no seu propio fogar”.

As bases da convocatoria están publicadas na páxina web do Concello. O prazo de presentación das solicitudes estará aberto até o día 29 de novembro inclusive. Información e solicitude nos Servizos Sociais do Concello, previa cita no teléfono 981 850 003.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...