Os socialistas esixen máis compromiso da Xunta coa ría de Arousa

16 Novembro 2021

O deputado arousán Julio Torado criticou este 16 de novembro a xestión da Xunta en relación á ría de Arousa e a defensa dos intereses das entidades que traballan na súa explotación e conservación: as confrarías. Na súa opinión, o Goberno galego “condena ás confrarías a xestionar as migallas”. Fixo estas declaracións na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento, a través dunha pregunta oral neste sentido ao Goberno galego.

O voceiro de Marisqueo do Grupo Socialista urxiu á Xunta “a clarexar o seu modelo de xestión das rías cando cada vez estas producen menos”. E engadiu: “Antes había un ano malo entre varios bos, agora hai un ano bo entre varios malos”, lamentou ao sinalar a perda de capacidade produtiva e baixada de rendemento do sector dos últimos anos.

Estas circunstancias, apuntou, débense principalmente a dous “problemas” que o sector leva varios anos denunciando como “o dragado dos lombos e a falla de depuración das augas, temas nos que o sector vén desgañitándose ante a Xunta ao tempo que perde toda esperanza de colaboración por parte da administración competente”, sinalou, engadindo que “se non se inviste na ría, non vai haber modelo que resulte porque non é unha cuestión só do modelo”.

E engadiu: “Se a Xunta quere coxestionar as rías, ten que ser aportando solucións” porque, sinalou, “agora o que están facendo é provocar un conflito entre confrarías como xa aconteceu con outros colectivos onde a Xunta optou por ser observadora como cos percebeiros ou os mexilloneiros”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...