Os empresarios de Ribeira piden que se eliminen as limitacións á pesca de recreo na contorna portuaria

04 Novembro 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira vén de emitir un comunicado acerca das novas disposicións de usos portuarios que afectan ás actividades de pesca de recreo na contorna destas instalacións, que serían prohibidas para, sobre o papel, non interferir cos traballos desenvolvidos polo sector pesqueiro. No comunicado a patronal fai un chamamento á sensibilidade das autoridades competentes para “solucionar un problema que maioritariamente afecta os nosos maiores, e ese problema non é outro que a restrición ó prohibición de pesca nos peiraos”. Na misiva a asociación lanza ás administracións implicadas as seguintes preguntas acerca da actividade destes pescadores: “Fan dano? Tanto molestan? Provocan realmente o rexeitamento dos traballadores dos peiraos?”.

No comunicado a patronal que preside Francisco Martínez Gude fai un chamamento “a permitir o lecer destes colectivos naquela materia que foi a súa profesión e procurar deste xeito o seu benestar anímico, de compañeirismo e de docencia cara aos mozos que se achegan a eles para recibir formación e recursos”. E engaden: “Cómpre deixalos transmitir a súa sabedoría e espertar vocacións entre os mozos cara ás profesións do mar que tan carentes están de man de obra e sobre todo autóctona. Polo ben dos nosos maiores, pedimos cara a eles unha cousa moi simple, sensibilidade. Esperamos que procedan a eliminar unha medida restritiva carente de toda razón”.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...