O sindicato FTSP-USO denuncia que gardapescas da Confraría de Noia operan á marxe da Lei de Seguridade Privada

18 Novembro 2021


O sindicato FTSP-USO denuncia á Confraría de Pescadores de Noia ante a Delegación do Goberno polo que ve como graves violacións en materia de Seguridade Privada a Federación de Traballadores da Seguridade Privada do Sindical Sindical Obreira ( FTSP-USO) denunciou ante a Delegación do Goberno en Galicia á Confraría de Pescadores de San Bartolomé por intrusión profesional e prestación de servizos de seguridade.

A central sindical di que a Confraría estaría a vixiar o depósito con persoal non habilitado polo Ministerio do interior, incumprindo gravemente a Lei 5/2014 de Seguridade Privada. Desde FTSP-USO alegan que falsos vixiantes executan funcións de seguridade, vixilancia e control do furtivismo, que advirten poden supoñer sancións que poden ascender a aproximadamente a 30.000 euros, tanto para a Confraría como as persoas que realizan os servizos mencionados.

O sincidato solicitaron á Delegación do Goberno dar ordes para conseguir o cesamento inmediato desta actividade “ilegal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...