O sindicato FAC USO Galicia, lamenta que Boiro aínda non se unise ao Convenio para a selección de policias locais

A Federación de Atención á Cidadanía da UNIÓN SINDICAL OBREIRA en Galicia ( FAC USO Galicia) lamenta que Boiro non acordase adherirse ao Convenio coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e
auxiliares de policía local (DOG nº 222, de 22/11/2017).
FAC USO sinala que no DOG nº 210, de 02/11/2021 saíu publicada un extracto da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de Policía Local, por mobilidade horizontal), estando pendente só da publicación ulterior no
BOE.
FAC USO denuncia que, ao non alcanzarse a maioría absoluta necesaria, Boiro vese obrigado a convocar, unha vez máis, este proceso selectivo da Policía Local á marxe do proceso selectivo da Xunta de Galicia, a través dunha
convocatoria unitaria da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
FAC USO recoñece que, ao non prosperar a proposta do Goberno Municipal, de adherirse ao devandito convenio, obriga a que “o consistorio boirense véxase obrigado a realizar cos seus propios medios os procesos selectivos para cubrir as vacantes da Policía Local, cos custos económicos e persoais que iso supón”.