O Rotogal visita a tope de forzas a cancha do Eivissa Ushuaïa

11 Novembro 2021

O Rotogal Boiro Voleibol visita este sábado ás 19.30 horas ao Eivissa Ushuaïa, conxunto ao que precede na clasificación da Superliga. Os galegos comparecerán en terras baleares coa moral reforzada tras o triunfo conseguido a pasada fin de semana fronte ao Río Douro Soria por 3-2. Neste sentido, o técnico boirense Marcelo Chino Benavídez asegura non pensar “en ningún momento que Rotogal Boiro Voleibol vaia quedar fóra da Copa e o play off polo título”. E engade: “Estou convencido de que estamos entre o seis mellores equipos do campionato”.

O equipo da Cachada contará, en principio, con todos os seus efectivos para visitar ao Eivissa, un rival ao que o adestrador describe como “un equipo interesante ao que hai que respectar, como a todos. Os partidos hai que xogalos e veremos despois do partido que opinión teño”.

Despois de medirse nas primeiras xornadas con moitos dos equipos da zona alta, Benavídez lanza unha reflexión tras o triunfo cultivado contra o Río Douro Soria: “Sempre é importante gañar, porque deixa sensacións lindas e xera grandes cousas para pensar en medrar moito máis. Cando falamos de cinco favoritos, hai que ter en conta que contra Soria gañamos 3-2 e contra Teruel perdemos 2-3. Creo que estamos capacitados para competir contra calquera. Non hai cinco ou seis favoritos. Aos favoritos súmolles o Rotogal Boiro Voleibol e o Melilla. Creo que estamos moi ben e imos estar pelexando arriba na clasificación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...