O Puebla recibe ao Pino e o Boiro viaxa a Dubra

20 Novembro 2021

O Puebla busca manter a boa dinámica e encadear dous triunfos consecutivos na Preferente.
Logo da sufrida e meritoria vitoria en Xallas cun gol no 90 e cun xogador menos, os de Jesús
Mella reciben ao Pino, que actualmente ocupa a quinta posición con 13 puntos. Tan só dous
puntos menos teñen os da Alta, que tentarán deixar os tres puntos na casa para achegarse á
parte alta da táboa. Jesús Mella non poderá contar con Brais Nieto, que recentemente sufriu
unha rotura do ligamento cruzado e do menisco do seu xeonllo. O encontro disputarase este
domingo na Alta a partir das 16:45 horas.
Pola súa parte o Boiro tamén ten gañas de seguir coa boa racha. A semana pasada gañaron
pola mínima ao Boimorto nun partido verdadeiramente complicado. Nesta oitava xornada
visitarán ao segundo clasificado, un Dubra que conta con 16 puntos. Será un encontro no
que se os boirenses gañan engancharíanse de novo aos primeiros postos, o principal
obxectivo do club. O partido terá lugar este domingo no Juan Baleato a partir das 16:30
horas.

Outros artigos

A V Bandeira de Bateis Concello da Pobra disputarase no 31 de marzo

Este 31 e marzo disputarase finalmente a quinta edición da Bandeira de Bateis Concello da Pobra, feminina e masculina. Trátase dunha proba organizada polo Club Remo Pobra (Club Remo Puebla) co patrocinio da Concellaría dos Deportes, ademais da colaboración da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...