O Puebla e O Boiro gañaron na Preferente

Barraña volveu a desfrutar de tres puntos importantísimos dos seus nun vibrante encontro fronte ao Boimorto. Os de Luis Carro presentábanse ao encontro coa obrigación de gañar para meterse na loita polos postos nobres da categoría, e facíano ante un rival aguerrido e combativo. E así se fixo ver durante todo o encontro, que estivo marcado pola súa dureza. Foi mellor un Boiro que mereceu poñerse por diante antes, pero non foi ata a falta de 20 minutos cando Piñeiro se xirou no medio campo para poñer un pase medido a Pereira que non desaproveitou para colocar o definitivo 0-1 no marcador. Os últimos minutos foron un sufrimento para o Municipal de Barraña, que desta vez si puideron saborear un novo triunfo dos seus. Con este resultado os boirenses sitúanse oitavos con 9 puntos a 4 da promoción.

Doutra banda o Puebla tamén venceu na súa visita a Santa Comba 1-2, pero tivo que poñerse o mono de traballo, sobre todo na segunda metade, onde foi expulsado Xabi. Adiantouse o Xallas no minuto 30 cun gol de Caamaño, que non facía xustiza ao visto sobre o terreo de xogo. Logo do paso polos vestiarios Xabi puxo o empate desde o punto de penalti, logo sería expulsado por dobre cartón amarelo. Cando parecía que firmaban as táboas, no 90 Mauro aproveitou un balón para levar tres puntos valiosísimos para os da Alta. Con este resultado o Puebla sitúase con 11 puntos na sétima posición.

Os xogadores do CD Boiro intres antes do comezo do partido en Barraña