O Portus Apostoli goleou ao Parrulo nun derbi descafeinado (6-0)

18 Novembro 2021

O derbi galego da Segunda División Nacional quedou na vila noiesa. O Noia FS impuxo súa lei para derrotar sen contemplacións ao Parrulo Ferrol por 6-0. O obxectivo prioritario dos noieses era vencer para voltar á senda da vitoria, logo da derrota a semana pasada fronte ao Peñíscola.

Xa aos tres minutos gobernaba no electrónico o conxunto branco. Joaki desfíxose de Gozi para converter o primeiro da tarde. Dominaba o coiro e chegaba sen parar o Portus Apostoli.

O que chegaría, foi o 2-0 no minuto 10, obra de Bruno Gomes. O brasileiro bateu a meta rival cun zurdazo inapelable. O festival carioca continuou co tanto de Edu Jabá, que nun lanzamento de falta fulminou a Gozi para o 3-0. Tivo Lluc a máis clara para o cuarto, cun disparo que o porteiro parrulo desviou o xusto para que rebotara no traveseiro.


Na segunda metade a tónica sería a mesma, cun Parrulo que tentou cambiar a dinámica do encontro a través da entrada do porteiro xogador. Sen embargo, Palmas, Bruno Gomez e Chus serían os encargados de completar a goleada final.

Con este triunfo o Noia volta a sumar de tres, nun derbi especial e que serve para recuperar as boas sensacións. Esta semana o líder renderá visita ao CD Leganés FS na xornada 12 do campionato ligueiro de Segunda División.

Outros artigos

A Marea de Noia require unha inspección da ETAP

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, presentou un escrito ante a inspección de sanidade sobre a auga municipal no que require ao dito departamento unha análise exhaustiva da ETAP (Estación Tratamento de Auga Potábel) para verificar o estado da mesma e do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Legislatura serena y estable”. José Castro López

“Legislatura serena y estable”. José Castro López

El inicio de la duodécima legislatura en el Parlamento gallego reconcilia con la política,al menos por unos días. Sin entrar en los detalles de la liturgia protocolaria del acto, haydos imágenes relevantes que captaron las cámaras y publicaron los medios impresos...

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...