O Noia volveu caer esta xornada fronte ao Estradense (4-1)

18 Novembro 2021

Un mes, ese é o tempo que levan os noieses sen saborear os tres puntos na Terceira División. Desta vez saíron goleados na súa visita ao Estradense por 4-1. Unha mala segunda parte do Noia provocou que os da Estrada conseguiran deixar os tres puntos na casa logo de remontar o tanto inicial de Rivas.

Seguramente non foi un resultado xusto para o visto durante gran parte do encontro, pero as áreas son determinantes. No inicio Prol colgou un balón ao área onde apareceu Rivas para adiantar aos de Iván Carril. A partir do gol o Noia sentiuse cómodo e puido facer o 0-2, pero xusto antes do descanso, Juanín empuxou o coiro para colocar o empate.

Na segunda metade, o Noia acusou ese gol moral. E no minuto 55 Borja plantouse diante de Fedello, quen o derribou cometendo penalti. Brais Calvo puxo o 2-1 desde os 11 metros. A partir dese momento o Estradense tentou durmir o partido, e foi o Noia o que empurrou na busca do empate. Pero dous mazazos, primeiro Carabán de cabeza e logo no 76 Uriol sentenciaban definitivamente o encontro co 4-1.

Con este resultado o Noia sitúase no undécimo posto da táboa, tan só un punto por riba do descenso directo. A vindeira semana reciben ao Rápido de Bouzas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...