O Lidl implícase con Amicos dando a coñecer dende os seus establecementos o labor da asociación

A Asociación Amicos activou este 4 de novembro, no supermercado Lidl de Boiro, unha campaña de sensibilización para achegar á sociedade o labor inclusivo e integrador que desprega dende a nosa comarca a prol dos colectivos de persoas con diversidades funcionais e/ou cognitivas.

A campaña é froito dun acordo de colaboración entre a asociación e a empresa de alimentación. Segundo indica Amicos, “calquera persoa que necesite información da organización, pode visitar o supermercado Lidl de Boiro para coñecer os seus valores de inclusión e sustentabilidade”.

Ademais deste 4 de novembro, a cidadanía poderá coñecer as liñas de traballo e os obxectivos de Amicos o luns 15 de novembro no Lidl de Boiro, aínda que non será a única localización dispoñíbel. De feito, Lidl tamén pon a disposición os seus supermercados de Ribeira, Santiago e Vilagarcía para o devandito obxectivo de divulgación e sensibilización. As datas nas que Amicos estará en Ribeira son o venres, día 5 de novembro e o mércores, 17 de novembro. En Santiago, o luns, 8 de novembro e en Vilagarcía o luns, 22 de novembro.

Desde Amicos agradeceron a implicación de Carmen Piñeiro Conde, xefa de Relacións Sociais Galicia de Lidl e Jaime Herrá, director rexional en Galicia.