O IES A Cachada acolleu unha xornada sobre árbores autóctonas e cogomelos

15 Novembro 2021

O Concello de Boiro, a través das áreas de Educación e Medio Ambiente, está a organizar unha serie de charlas nos centros de ensino do municipio. Este luns o IES A Cachada acolleu unha destas actividades, que consistiu en achegar ao alumnado coñecementos de valor sobre árbores autóctonas da nosa terra e cogomelos.

Participaron un total de 120 alumnos e alumnas de 1º da ESO, que aprendeu a importancia destas especies para a preservación da biodiversidade, as características do medio natural que fan posíbel o seu desenvolvemento e a identificar as especies máis comúns, ademais de curiosidades. O obxectivo destas charlas divulgativas é que, de maneira introdutoria, esperten no alumnado o interese na biodiversidade do municipio.

O IES A Cachada participa no programa Innova, dentro da liña Edusostibilidade da Consellería de Educación que busca promover o desenvolvemento sostible e fomentar a sensibilización, a concienciación e a educación de calidade. O Concello de Boiro colabora cos centros de ensino do municipio, mediante as áreas de Educación e Medio Ambiente, para formar ao alumnado en sostibilidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...