O Grupo de Goberno ribeirense atendeu ás inquedanzas da veciñanza de Aguiño

15 Novembro 2021

Continuando coa iniciativa emprendida o pasado luns, os membros do Grupo de Goberno acudiron esta vez á Aula de Música de Aguiño para celebrar a súa reunión de coordinación e, acto seguido, atender aos veciños e veciñas que quixeron pasarse por esta dependencia para preguntar ou compartir sobre todo tipo o de cuestións relacionadas coa parroquia e o municipio en xeral.
Así, un dos temas plantexados foi o de instalar iluminación nocturna á pista multideporte “S.D. Xuventú Aguiño”, situada xunto ao campo da Tasca: unha proposta respecto da cal dende o Executivo Local se manifestou que xa, efectivamente, se está a traballar nunha iniciativa para dotar de iluminación tanto a esta instalación como ao parque
infantil situado fronte ao estaleiro de Aguiño, ademais doutras instalacións ao aire libre de diferentes parroquias.
Badéns.

Ademais, o Goberno Local anunciou que para reforzar a seguridade viaria e logo de que a Deputación dese o seu visto bo á solicitude do Concello se van a instalar badéns na estrada DP-7307 na intersección coa rúa Vionta (no cruce do bar Moncho do Oslo, antes bar Vitoria).
Outros proxectos abordados son os da futura remodelación da zona do porto e a rúa Castelao e as obras de mellora e ampliación da Aula de Música de Aguiño onde se celebrou a xuntanza.
O próximo luns, como cuarto de mes, a reunión de coordinación regresará á Casa do Mar de Palmeira e atenderase aos veciños de 10 a 12 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...