O Elma da Pobra vivirá unha tarde de cinema coas curtas do CAD recoñecidas no festival OUFF de Ourense

23 Novembro 2021

O Teatro Cine Elma da Pobra vai acoller este sábado 27 a gala de presentación das curtas realizadas polas persoas usuarias do servizo ocupacional do CAD local (Centro de Atención á Discapacidade). Será ás 19.00 horas na antiga sala de cinema da Pobra.

Segundo apuntou a directora do centro, Julia Rial, estas son as curtas coas cales as e os usuarios do mesmo competiron no certame audiovisual OUFF Escola de Ourense xunto con outros corenta e cinco colexios e asociacións de toda Galicia, tralo cal acadaron a mención especial pola calidade das propostas achegadas. Salientou tamén o” labor concienciador e pedagóxico destes filmes”.

As pezas audiovisuais que se van proxectar son Prisión tecnolóxica, que reflicte o uso abusivo do teléfono móbil e das novas tecnoloxías; Cóntoche un conto, unha proposta con formato stop motion que traslada a problemática dos incendios forestais narrando a vida dun carballo ao longo das catro estacións, dende o outono deica o verán; e No mar da diversidade, un vídeo musical creado polos rapaces e rapazas, coa letra incluída.

Así mesmo, a xornada contará coa performance de sombras O noso sentimento, na cal, tal e como sinalou a animadora sociocultural, Saray Pazos, o grupo de teatro do CAD representará sobre as táboas o que sentiron durante a pandemia.

Pola súa parte, a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), puxo en valor o equipo do CAD e agradeceu a súa implicación no proxecto.

As persoas que desexen asistir deben confirmar a súa asistencia a través do teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 2502, ou facelo in situ no propio día do evento ata completar a cabida.

Outros artigos

O 25 de abril comezan en Noia as Festas de San Marcos 2024

O 25 de abril dará comezo en Noia a nova edición das Festas de San Marcos, unha das celebracións máis agardadas na nosa contorna e que este ano destacan pola súa completa axenda de actividades e, tamén, pola calidade do traballo artístico do debuxante e ilustrador...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

En apariencia, lo único que vemos de la ciudad es lo que la ciudad nos muestra. Lisboa es traslúcida, se da toda en su generosa actitud para quien se predispone a admirarla, para los que abren sus brazos con el fin de abarcar un pequeño pleno universo cosmopolita,...