Un novo número da nosa publicación mensual en papel “O Barbanza”, está xa na rúa distribuíndo os seus 6.000 exemplares nos concellos da comarca, e coma sempre de balde.
O “Día internacional da eliminación da violencia contra a muller “, é o protagonista do noso de novembro o número 28. Este 25-N a comarca fai unidade fronte ás agresión uníndose á campaña “De Fronte” promovida pola Deputación.
O apoio o espírito empresarial e o seu desenvolvemento, son algúns dos temas que tratamos nesta edición no que pasamos revista á festa dos Premios dos Empresarios de Boiro e entrevistamos o seu presidente.
Tamén o despegue empresarial coa aprobación da modificación do plan xeral que dará vía libre ao novo polígono de Ribeira. Abordamos as campañas de apoio o comercio local como AmaRibeira.
Obras e proxectos municipais, conciliación das familias e a atención á nenez, aparecen neste número no que facemos repaso a arquitectura punteira da nosa comarca.
Algúns proxectos da comarca son tamén recolleitas en “O Barbanza“ mensual que pode, ademáis de conseguirse de balde impreso, ser descargado en pdf desde a nosa web “obarbanza.gal”.
Medio ambiente e turismo son outros dos temas tratados neste número no que lembramos na historia da comarca ós Raith Rovers, o equipo de fútbol que encallou en Corrubedo, pasamos revista os 20 anos do Mueso do Gravado de Artes e as actividades culturais, literarias e a toponimia completan este número de outubro.