O Concello de Ribeira e Abanca colaborarán na entrega dos Bonos AmaRibeira a prol do comercio e a hostalería local

17 Novembro 2021

O Concello de Ribeira a entidade financeira Abanca formalizaron na mañá deste 17 de novembro un acordo para colaborar na entrega dos Bonos AmaRibeira a prol do comercio e a hostalería local.

Este convenio materialízase logo de terse convocado dende o Concello un proceso de licitación destinado a facilitar o subministro das ditas axudas “e propiciar o fortalecemento comercial e hostaleiro de Ribeira” a través dos ditos bonos.

En concreto, sinalou o Concello, o acordo “ten como obxecto a entrega e distribución das axudas do programa local de dinamización do consumo a través dos bonos QR AmaRibeira”, que constitúen a segunda fase desta campaña. Esta activarase entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro de 2022, comprendendo un total 6.666 bonos de desconto de 30 euros para o seu emprego nos establecementos das nove parroquias que se adhiran á iniciativa (a información está en www.amaribeira.gal).

Rubricaron o acordo o alcalde Manuel Ruiz e José Manuel Vilariño como coordinador de negocio institucional na Coruña da citada entidade financeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...