O Concello de Ribeira e a delegación local de Cruz Vermella estudan novas vías de colaboración

11 Novembro 2021

O Concello de Ribeira deu continuidade este xoves 11 ao seu programa de xuntanzas cos distintas organizacións e entidades de carácter social. Na de hoxe participaron a concelleira Ana Barreiro Rego, e máis a presidenta da delegación en Ribeira de Cruz Vermella, Ángeles Cores. Na reunión a edil puido escoitar de primeira as inquedanzas e retos da organización a nivel local, comarcal e galego.

Barreiro lembrou que o Concello mantén dende hai moitos anos un convenio de colaboración co que axudar a que a entidade humanitaria alcance os seus fins sociais.

De resultas do encontro, no que tamén estivo a xefa de servizo Francisca Vidal, analizouse a posibilidade de explorar novas vías de cooperación que estiveran enfocadas principalmente á atención daquelas persoas persoas con signos de soidade crónica para favorecer a súa socialización.

A presidenta de Cruz Vermella en Ribeira e a concelleira de Servizos Sociais acordaron manter máis xuntanzas como a deste xoves para perfilar o traballo conxunto.

Outros artigos

O alumnado de Tahume IX completa a súa formación teórico-práctica

A semana pasada un grupo de alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego Tahume IX, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para favorecer a inserción laboral da poboación da nosa comarca, presentouse ás probas da Educación Secundaria Obrigatoria (ESA) que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

En apariencia, lo único que vemos de la ciudad es lo que la ciudad nos muestra. Lisboa es traslúcida, se da toda en su generosa actitud para quien se predispone a admirarla, para los que abren sus brazos con el fin de abarcar un pequeño pleno universo cosmopolita,...