O Concello de Boiro e Anedia celebran o Día Mundial da Diabetes

14 Novembro 2021

O Concello de Boiro e ANEDIA, a Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes en Galicia celebran este domingo o Día Mundial da Diabetes coa proxección dun vídeo realizado pola asociación para dar visibilidade a esta enfermidade. Amais, ás 19.00 horas vaise realizar, na praza do Concello, o acendido da iluminación azul da fachada da Casa Consistorial e a proxección do vídeo.

O obxectivo desta xornada é dar visibilidade a unha enfermidade crónica e autoinmune que afecta a máis dun milleiro de nenos e nenas e a varios miles de galegos e galegas.

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Educación, traballa para levar a cabo actividades e propostas que axuden a dar visibilidade á diabetes de tipo 1 e que axuden á integración dos menores e xente nova con esta enfermidade.

Presentación en maio das actividades conxuntas do Concello de Anedia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...