O BNG de Outes convida ao Concello a crear un espazo de posta en valor da Marea do Cunchido

09 Novembro 2021

O BNG de Outes vén de facer pública unha demanda de seu, a través de Anxo Núñez (concelleiro) e María Xosé Suárez (voceira local), para a creación dun espazo de posta en valor da Marea do Cunchido-Espiñeiro, que se atopa protexida dentro do LIC Esteiro do Tambre, un “espazo protexido e de gran valor paisaxístico e ambiental” que durante anos, sinalan, foi castigado por continuas achegas de lixo e residuos contaminantes, que finalmente déronse retirado.

Segundo os representantes do BNG, malia que o primeiro punto (o da limpeza de refugallos) foi finalmente levado a cabo por parte do Concello, agora cómpre crear un espazo de posta en valor da Marea da Serra (o segundo apartado da moción presentada polo BNG). Núñez e Suárez felicitaron ao Concello polos traballos levados a cabo e convidárono a abordar estes segundo punto xa que Espiñeiro ten un valor ambiental incalculábel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...