O BNG de Noia traballará pola recuperación do mural de Nunca Máisna beira ría

13 Novembro 2021

Este sábado 13 de novembro cumpríronse 19 anos da desgraza do afundimento do Prestige. A intención do BNG é que o vindeiro ano, cando se cumprirán dúas décadas da catástrofe, a situación do simbólico mural que se atopa na beira da ría non se atope na actual situación.
O mural está hoxe degradado e tapado pola vexetación e por iso os nacionalistas anuncian que traballarán durante o próximo ano para que a situación do mesmo cambie. Deste xeito, a formación fará o necesario para recuperar e posteriormente conservar da emblemática pintura.
Dende o bloque noiés sinalan lembran que desta desgraza emerxeu un movemento de dignidade sen precedentes como foi ‘Nunca Máis’ e que polo tanto é necesario render homenaxe a un episodio histórico para o país e
non permitir o esquecemento do acontecido.
Por iso, o BNG tomará a iniciativa para a recuperación do mural e o seu posterior coidado para que sirva de símbolo e lembranza no futuro duns feitos que nunca deben volver a acontecer.

Outros artigos

Falece afogado un home de 80 anos na praia de Caldebarcos en Carnota

Un home de 80 anos morreu afogado na mañá deste venres na praia de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota, á que acudira para darse un baño. O falecido é veciño de Caldebarcos. O corpo da persoa falecida foi recuperado por un particular. Foi o mesmo particular...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...