O alumnado do IES Campo de San Alberto de Noia aprende a facer un uso racional e sustentábel da enerxía

16 Novembro 2021

O IES Campo de San Alberto de Noia acolleu este 16 de novembro nunha xornada destinada a mostrar recursos e metodoloxías para facer un uso responsábel e sustentábel da enerxía e controlar os custes das nosas facturas. A sesión divulgativa, na que participou alumnado de 4º da ESO e FP Básica, foi impartida polo secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, e a xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez. A xornada inseriuse na presentación da nova campaña da Xunta sobre a factura da luz destinada á mocidade.

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira participarán na apertura dunha xornada formativa sobre a factura da luz dirixida ao estudantado

Os obxectivos desta iniciativa, aberta a todos os centros que desexen participar, “son formar consumidores e consumidoras responsábeis” e ofrecerlles “un primeiro achegamento aos conceptos básicos e hábitos de consumo responsábel en relación coa tarifa e factura eléctrica, así como unha aproximación inicial aos seus dereitos como persoas consumidoras; e contribuír a compartir estes coñecementos nos seus fogares”.

Ademais de xornadas informativas nos propios centros, a campaña inclúe un concurso no que os estudantes deberán desenvolver un proxecto que recolla os consellos e recomendacións concretas para mellorar a factura da luz no fogar. Os 50 mellores traballos (25 de 4º da ESO e 25 entre o alumnado de FP Básica) recibirán un bono de 100 euros canxeábel en material escolar nas librerías radicadas en Galicia que teñan a condición de peme.

Segundo lembraron Mira e Vázquez, a enerxía eléctrica é o segundo sector do que máis reclamacións se rexistran cada ano no Instituto Galego do Consumo e da Competencia, sumando 2.133 nos nove primeiros meses de 2021, o que supón un 16,8% do total. Ademais, ata o 30 de setembro o IGCC atendeu 3.949 consultas neste eido, o 13,2% das reclamacións totais.

Lembraron que xunto ás charlas nos centros de ensino, a Xunta de Galicia, a través do IGCC, ten en marcha unha campaña informativa, de apoio e asesoramento á cidadanía galega sobre a nova tarifa eléctrica implantada polo Goberno.

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira participarán na apertura dunha xornada formativa sobre a factura da luz dirixida ao estudantado

Outros artigos

A Marea de Noia require unha inspección da ETAP

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, presentou un escrito ante a inspección de sanidade sobre a auga municipal no que require ao dito departamento unha análise exhaustiva da ETAP (Estación Tratamento de Auga Potábel) para verificar o estado da mesma e do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...