Nova oferta de emprego de sete prazas no Concello de Ribeira

O Concello de Ribeira vén de aprobar unha nova oferta de emprego público con sete novas prazas ofertadas, das cales cinco corresponden a funcionarios de carreira e dous a persoal laboral. Entre as prazas para funcionario inclúense tres de axente de policía local máis outra para un oficial, ademais dun técnico de administración xeral na rama xurídica.

Discapacidade

Como persoal laboral a oferta incorpora un operario e un conserxe, neste último caso reservado para persoas con discapacidade.

A execución desta oferta deberá desenvolverse no prazo improrrogábel de tres anos.

O Concello lembra ademais que nestes momento está en pleno proceso a provisión dunha praza en propiedade de arquitecto técnico e outra de auxiliar de biblioteca (pendentes do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado para que poidan abrir os prazos para anotarse), así como as contratacións laborais dun profesor de música na especialidade de pedagoxía para o Conservatorio e un psicólogo para impartir os obradoiros de memoria do programa de maiores.