Na Pobra o Concello achega en novembro dúas formacións sobre hortas agroecolóxicas

09 Novembro 2021

O Concello da Pobra, a través da Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal, da cal é titular Charo Varela (Nós Pobra), organiza este mes de novembro dúas charlas formativas baixo o epígrafe A planificación na horta agroecolóxica. Serán impartidas por Conchi Docampo, do proxecto Burbullas de Sol (San Mamede-Vedra). Estas actividades dan continuidade ao proxecto de aproveitamento de excedentes agrarios posto en marcha pola Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal, da cal é titular Charo Varela (Nós Pobra).

Os dous coloquios transcorrerán na aula de estudo situada no andar superior da Biblioteca Municipal da Pobra, ás 19.00 horas. As persoas interesadas en asistir deberanse anotar a través do teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2035, ou do enderezo electrónico promocion.economica@apobra.gal.

Entre os obxectivos do devandito proxecto de aproveitamento de excedentes agrarios atópanse poñer en valor a produción agrícola das pequenas explotacións do concello; fomentar o consumo de alimentos de calidade e de proximidade (quilómetro 0); xerar actividade económica a partir dos produtos de tempada; dinamizar o comercio local, neste caso, a través dunha plataforma dixital; fomentar a actividade agraria; e promover un estilo de vida saudábel e sustentábel. Para achegar eses produtos ao mercado dun xeito sinxelo estará á disposición das persoas produtoras a páxina web DEANshop coa finalidade de que poidan vender directamente os seus excedentes.

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal mostra xa ao Valle-Inclán máis íntimo

A cesión de obxectos persoais e mobiliario do Pazo da Mercé onde residiu o autor, xunto á súa biblioteca persoal, completa a colección do seu museo na localidade coruñesa. O pleno do concello da Pobra do Caramiñal aprobaba esta mesma semana unha corrección de erros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...