Na Pobra fin da quinta edición das Xornadas Micolóxicas

22 Novembro 2021


Nesta fin de semana rematou na Pobra a quinta edición das Xornadas Micolóxicas posta en marcha pola Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra). O groso do programa concentrouse no 21 de novembro, que comezou cunha visita guiada polo campo da man de Esteban Sinde Stompel, doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e vicepresidente da empresa Hifas da Terra, quen tamén impartiu no día 19 o coloquio Principais fungos micorrícicos comestibles das plantacións forestais galegas e técnicas de inoculación de planta micorrizada, dándolle así continuidade ao conxunto das conferencias iniciadas no día 17 coa charla introdutoria sobre micoloxía.
A xornada do domingo 21 continuou cunha exposición de cogomelos, no mercado municipal, para ver diferentes exemplares e resolver dúbidas; o showcooking e degustación a cargo de Miguel Mosteiro, de GastroLab; e a
entrega dos premios ás persoas gañadoras do V Concurso Fotográfico de Micoloxía. A primeira distinción recaeu nunha fotografía da autoría de Sergio Pérez Boullón, a segunda foi parar a unha instantánea tomada por Juan José Romero Vilas e a terceira adxudicouse a unha imaxe de Ramón Carlos Encisa Fraga. Os premios consisten exclusivamente en bonos de compra na plataforma web www.deanshop.es, que suman un total de 600 euros.

Cómpre lembrar que a casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler acolle unha mostra composta por imaxes do certame fotográfico de edicións anteriores, á cal se lle acaban de suma-las cinco imaxes con mellor puntuación da convocatoria deste ano. Permanecerá nas referidas instalacións municipais ata finais de mes. As visitas pódense realizar de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...