Na Pobra detidas dúas veciñas por vender estupefacientes e doses de cocaína e heroína

04 Novembro 2021


A Garda Civil do Posto de Boiro detivo a dúas veciñas da localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas e interveu doses de cocaína e heroína, entre outras substancias.

Segundo informou o Instituto Armado, no marco da ‘Operación Ricacodi’, que se iniciou o pasado mes de agosto, a Garda Civil constatou que estas dúas persoas relacionábanse a diario con toxicómanos, tanto na vía pública como no domicilio particular das agora detidas. As mesmas fontes indicaron que se incrementaba a presenza destas persoas en horario nocturno para non ser observadas polos veciños do lugar.

No transcurso da investigación os axentes implicados, constataron a forma de actuación das investigadas, que “fornecían pequenas doses de droga a consumidores habituais da comarca do Barbanza”, destaca a Benemérita. Nun primeiro momento foi detida unha das investigadas, á que lle interviñeron 14 dose preparada para a súa venda e máis de 500 euros en efectivo. A Garda Civil procedeu ao rexistro domiciliario das investigadas na Pobra do Caramiñal, onde foi achada a maioría da droga intervida e outras “evidencias de interese para a investigación”, aseguran as mesmas fontes.

O total das substancias intervidas na ‘Operación Ricacodi’ foron de 43 dose de cocaína, seis dose de heroína, 18 pastillas de metadona, 764,5 euros en billetes e moedas, un vehículo e diversos útiles para a manipulación e preparación das doses.

Procedeuse tamén á detención da outra persoa investigada como presuntas autora dun delito contra a saúde pública e á incautación das substancias atopadas. As detidas foron postas ao dispor do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ribeira.

Garda Civil

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...