Estaremos durante o mércores nunha extensa área de altas presións que abarca desde Madeira ata Europa central. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior que darán paso a ceos con poucas nubes en xeral pola mañá, entrando nubes altas pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente leste, moderados no litoral norte e frouxos no resto.
O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 2 a 3 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:27 | 1.1 m |
Preamar | 07:51 | 3.4 m |
Baixamar | 14:16 | 1.0 m |
Preamar | 20:36 | 2.9 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:19 | 1.1 m |
Preamar | 07:42 | 3.3 m |
Baixamar | 14:07 | 1.0 m |
Preamar | 20:30 | 2.9 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 01:22 | 1.1 m |
Preamar | 07:48 | 3.3 m |
Baixamar | 14:11 | 1.0 m |
Preamar | 20:33 | 2.9 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)