Marcelo Benavídez: “Os días que xogamos en casa, a cancha transfórmase no mismísimo inferno”

18 Novembro 2021

Trala vitoria acadada na cancha de Ushuaïa Eivissa, o Rotogal Boiro Voleibol regresa este sábado 20 á fortaleza da Cachada, onde recibe ao sete da tarde ao Léleman Valencia.

Marcelo ChinoBenavídez, adestrador dos boirenses, confía no apoio da inchada para sumar o terceiro triunfo consecutivo: “A afección do Rotogal paréceme espectacular. Os días que xogamos en casa, a cancha transfórmase no mismísimo inferno. Eu, se fose adestrador de calquera outro equipo, preocuparíame, porque, neste inferno, o amo é Rotogal Boiro”.

Sobre o Léleman Valencia, rival deste sábado, o preparador advirte que “todos os partidos hai que xogalos. Valencia é un club con moi bos xogadores. Reforzáronse e creo que, aos poucos, van ir atopando a forma. Hai que respectalos, xogar e ver como son os resultados”.

O Rotogal Boiro Voleibol contará, en principio, con todos os seus xogadores para o partido do sábado.

“Estamos moi contentos e con moitas ganas tras vencer en Eivissa. Atopámonos ademais máis relaxados, porque a pasada xornada tivemos unha moi boa actuación, o equipo xogou a moi bo nivel e iso dános moita tranquilidade”, engade o adestrador.

O adestrador Marcelo Benavídez nunha imaxe de Canal Barbanza

Outros artigos

A V Bandeira de Bateis Concello da Pobra disputarase no 31 de marzo

Este 31 e marzo disputarase finalmente a quinta edición da Bandeira de Bateis Concello da Pobra, feminina e masculina. Trátase dunha proba organizada polo Club Remo Pobra (Club Remo Puebla) co patrocinio da Concellaría dos Deportes, ademais da colaboración da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...