“Mantemento das posibilidades de pesca da pescada-sur”. Antón Luaces

24 Novembro 2021

A secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, na reunión que mantivo este mércores en Bruxelas coa directora xeral de Asuntos Marítimos e pesca (MARE), da UE. Charlina Vilcheva, debatiu sobre os principais stocks de interese para España nos caladoiros do Atlántico e Organizacións Rexionais de Pesca (ORP). 

No tocante á poboación de pescada-sur, Villauriz lembrou á directora xeral  MARE a gran cantidade de series históricas de datos disponibles sobre este stock, que fai que España non poida compartir a recomendación realizada polo Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), que propón unha redución das posibilidades de pesca, sobre a base dun enfoque precautorio por falta de información.

Países coma Portugal e Francia comparten esta posición de España nun traballo de colaboración para deseñar propostas que solventen esta situación, motivo polo que España vai solicitar na reunión do Consello de Ministros de decembro que se manteñan as posibilidades de pesca para este stock no vindeiro ano, coa fin de non menoscabar a viabilidade económica das frotas que se dirixen a este recurso.

A secretaria xeral tamén trasladou a posición de España a respecto doutros asuntos que se abordarán no devandito consello, como a redución da cota de xurelo do sur, a regularización da cota española de atún branco ou a revisión para o rabil que se captura no océano Índico.

O enfoque que España trasladou á Comisión baséase en promover a actividade pesqueira dentro dos principios de sustentabilidade biolóxica, medio ambiental e socio-económica, recollidos na Política Pesqueira Común (PPC) como única vía para garantir o abastecemento de peixe aos cidadáns e o mantemento das poboacións en costeiras dedicadas a esta actividade.

España defendeu tamén diante da Comisión Europea a efectividade das medidas de selectividade e peches espacio-temporais para o Mediterráneo.

Outros artigos

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...