Mans Unidas agradece ao Concello de Noia a súa implicación social e humanitaria

17 Novembro 2021

Este martes 16 de novembro a organización Mans Unidas agradeceu publicamente o seu agradecemento ao Concello de Noia pola súa colaboración no desenvolvemento da súa actividade humanitaria. Foi nun acto celebrado no Coliseo Noela.


O alcalde, Santiago Freire, recolleu unha placa na cal a ONG recoñece a axuda de todas as corporacións municipais nestes 18 anos. No acto estiveron presentes os concelleiros Martín Fernández, Marisol Villar, Laura Salgado e Ana García, así como o presidente de Cáritas, Juan Carlos Pérez, o párroco José Ortoño, e o tenente da Garda Civil.
Dende o Concello de Noia fixeron un chamamento á veciñanza para, nestes tempos complexos que se aveciñan, “seguir colaborando con esta organización”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...