Máis de cen persoas asistiron ás representacións de As paisaxes de Camille das usuarias de Ambar

15 Novembro 2021

A Asociación Ambar das persoas don diversidade funcional rematou este domingo 14 de novembro a xira de As paisaxes de Camille, proposta teatral coa que as integrantes da entidade quixeron dar voz á súa loita contra a violencia de xénero, poñendo o foco naquela que se perpetra contra as mulleres do rural. A conclusión da xira foi en Mondoñedo, logo das recaladas na Rúa (Ourense), A Estrada, O Pino e Noia.

En total, As paisaxes de Camille, unha homenaxe á escultora francesa Camille Claudel, foi vista por máis de 100 espectadores e espectadoras. O público estivo composto por usuarias e usuarios de centros educativos, asociacións de persoas con diversidade funcional e representantes dos CIM, Servizos Sociais e alcaldías dos Concellos citados, entre outros.

Como dixemos, o proxecto As paisaxes de Camille foi unha iniciativa para loitar, dende a creatividade, o talento e a reivindicación, contra a violencia de xénero no ámbito rural en calquera das súas manifestacións. En concreto As paisaxes de Camille busca apoderar ás mulleres con diversidade funcional a través da expresión artística, explorando a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida da escultora francesa Camille Claudel.

A peza está producida por Ambar, conta coa dirección artística da creadora escénica Helena Salgueiro da plataforma ABAR e cun elenco composto integramente por mulleres con diversidade funcional: Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Olaia Pérez, Montse Queiruga e Mercedes Río.

Esta acción enmarcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Para máis información sobre o proxecto cómpre visitar a web de Ambar, no apartado específico sobre o mesmo. As integrantes da asociación tamén subiron ao Youtube un vídeo de presentación.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...