“Historia das ideas”. José Antonio Constenla


Creo que se practica pouco algo que debería ser de coñecemento e estudo obrigatorio: a historia das ideas. O seu coñecemento fainos máis precavidos, flexibles e ata me atrevería a dicir que maduros, xa que as ideas están na orixe das leis humanas que aseguran a nosa supervivencia como sociedade. Hai algunhas mellores que outras, algunhas son relativamente verdadeiras e outras falsas, algunhas melloran o benestar persoal e outras o prexudican. Con elas exercemos os equilibrismos precisos para vivir con máis plenitude e axudarnos a ser cada vez máis felices.
Crer na libertar do ser humano supón aceptar a multiplicidade e diversidade de ideas no mundo. A súa combinación ineludible, xa sexa no plano político, económico ou social, dan como resultado tantas opcións cantas posibilidades matemáticas son posibles.
Entender de onde veñen as nosas ideas políticas contemporáneas pasa por identificar unha orixe e analizar o seu contexto. Neste punto son claves as reflexións recollidas no libro “Historia das Ideas contemporáneas” (editorial Sekotia) de Marcos López Herrador, quen fixa esa data no Maio francés do 68. A revolución que non callou, deixou un impacto duradeiro que non cambiou o poder nin o sistema, pero transformou ideas e valores morais, a un ritmo e cunha velocidade descoñecidas. Pasouse dunha esquerda xeneralista a uns izquierdismos especializados que desprazaron o concepto de obrigacións polo de dereitos: o antinuclearismo, a revolución sexual, o antibelicismo, a educación igualitaria, o feminismo…
Estas ideas son apadriñadas nos nosos días polos que pretenden construír e impoñer como dogma, unha ideoloxía única, que se apoia no relativismo moral, a confusión de valores, a perda de autoridade, o cinismo e a irresponsabilidade. Todo o cal fai que sigamos movéndonos por argumentos sentimentais e emocionais. De aí o éxito dos populismos e nacionalismos que tamén coñecemos no noso país. Así mesmo, cabe destacar a imposición dun modelo antropolóxico individualista que rexeita os compromisos e os vínculos estables.
O ensaio de López Herrador, constitúen unha lectura crave para entender mellor a orixe das batallas políticas e sociais (diría que culturais) que vivimos na actualidade e que non podemos obviar por conto aféctanos:
memoria histórica, multiculturalidad, heteropatriarcado, educación para a cidadanía, LGTBI…
Esta nova obra da Editorial SEKOTIA, pode chegar a facer cambalear algunhas das nosas crenzas, pero sobre todo axúdanos a descubrir os intentos dalgúns por manipular as conciencias, condicionar os nosos conceptos sobre política, economía e cultura e facer que nos esquezamos dos grandes principios que aseguran a liberdade de pensamento e o apego á lei.