Galitoon leva Güela-Güela á Casa da Cultura de Boiro

22 Novembro 2021

Este 26 de novembro, venres, a rapazada e as familias de Boiro teñan un cita creativa de primeira con Güela-Güela, a cargo de Galitoon. A cita será ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Boiro. As entradas estarán dispoñíbeis no propio día da función a partir das 18.00 horas.

Trátase dun espectáculo baseada na obra Concerto de aves de Frans Snyders, a solicitude do Museo Nacional do Prado e no marco das actividades dirixidas a público familiar e infantil que visita o museo.

O argumento ponnos na pel dunha pequena cegoña chamada Güily, un paxariño que decidiu que xa era maior para levar nas costas un fardo cun bebé aos seus papás, e incorporarse a unha das bandadas de reparto. Pero ao ter o pico miúdo, as asas pequenas e, sobre todo, por ser aínda pequeno e non poder seguir o ritmo do voo, a negativa da comunidade das cegoñas foi unánime. Aínda que un día, sen saber moi ben como, as Cegoñas adultas esquecéronse un envurullo cun bebé moi peculiar…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

La palabra es la mayor intuición de los humanos, y su mayor logro colectivo. Con ellas, con su cúmulo, los racionales nos distinguimos, construimos mundos, los narramos, elaboramos cosmos propios y extraños; adquirimos universos reales y proyectamos otros imaginarios....