Galicia comprométese a reducir as emisións para manter a suba da temperatura global por baixo dos 1,5 graos

07 Novembro 2021

A Xunta de Galicia expuxo este domingo, durante a súa participación na 26ª Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático en Glasgow (COP26), as liñas mestras da futura Lei do Clima Galega, un documento que “dotará á Comunidade dun marco normativo propio que contribúa á consecución da neutralidade climática en 2050.

Galicia comprometeuse hoxe no marco da COP26 que se celebra en Glasgow a traballar para reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) co obxectivo de contribuír a manter o aumento da temperatura media global por baixo dos 2˚C ao final deste século, pero co obxectivo de que no supere os 1,5ºC na medida do posible.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinou esta mañá en representación da Xunta o Memorando de Entendemento Under2 2021, unha declaración de intencións en virtude da cal todos os países e, especialmente, as rexións asinantes asumen o reto de implementar, de forma coordinada, as medidas e actuacións
necesarias para limitar o quecemento global.
“Galicia entra no liderado do clima a nivel internacional, un compromiso non eximido de retos, pero sobre todos con grandes oportunidades”, salientou a conselleira.
A sinatura produciuse nos momentos previos ao inicio da Asemblea da Coalición Under2, que se celebra no Centro de Tecnoloxía e Innovación da Universidade de Strathclyde, no contexto da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático.
Tras formalizar este ano a súa adhesión á devandita Coalición, Galicia dá hoxe un paso máis coa subscrición do MOU, comprometendo así por escrito o seu apoio aos obxectivos marcados a nivel mundial en materia de cambio climático por todos os seus membros. A tal fin, a Xunta asume que traballará no marco das súas competencias e de forma
coordinada co resto das partes asinantes do Memorando, na redución das emisións GEI —alomenos un 55% en 2030, ao ser parte da UE—, na promoción da adaptación e resiliencia ao clima, e na implementación das súas propias estratexias para acadar as metas e obxectivos comúns.
Entre os temas de interese para a cooperación e coordinación que reflicte o Memorando, nos que seguirá avanzando a Comunidade, están a promoción e integración de fontes renovables; a redución das emisión do sector industrial, ao tempo que se apoia o crecemento e a creación de emprego; a mobilidade sostible; a tecnoloxía para a redución
de residuos; a investigación; ou a divulgación pública sobre o cambio climático.
A Coalición Under2 reúne na actualidade a 260 gobernos que representan a 1,75 billóns de persoas e o 50% da economía mundial, cifras que a converten no grupo máis grande de estados e rexións comprometidos de forma para loitar contra o cambio climático.
Cómpre lembrar que, ademais de Galicia, Andalucía, País Vasco, Cataluña, Navarra e Madrid son tamén signatarias.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asina no marco da COP26 o Memorando de Entendemento Under2 2021, unha declaración de intencións e medidas coas que a Xunta contribuirá aos obxectivos das rexións asinantes

Outros artigos

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...