Formación pedagóxica para o profesorado do Conservatorio de Ribeira

A semana pasada o profesorado do Conservatorio de Música Profesional de Ribeira “Enrique Paisal” comezou unha actividade de formación pedagóxica. Este actividade, nada habitual nos conservatorios, pretende formar, asesorar e axudar  ao profesorado no seu labor  docente da man da pedagoga Rocío García Pazos. 
Rocío é licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago, conta cun máster en Procesos Formativos e é mestra de Educación Infantil.  Impartirá formación ao profesorado con encontros mensuais nos que se combinará a  presencialidade  coa modalidade online; ademáis disto, o profesorado contará cun asesoramento pedagóxico
continuo e individualizado,  entre cada unha das sesións para poder tratar dificultades e atender ás necesidades educativas que poidan aparecer ao longo da actividade lectiva do centro.
Esta actividade é pioneira na nosa comunidade, xa que a  figura do orientador/a non está contemplada nas plantillas de persoal de ningún conservatorio galego polo que non é   habitual este tipo de asesoramento,  cousa que si ocorre noutras comunidades, como por exemplo Madrid, onde si existe un Departamento de Orientación nos conservatorios. 
A iniciativa sae do claustro de profesorado, xa que son conscientes da necesidade dunha formación pedagóxica da que careceron nosseus estudos superiores e, que polo tanto,  que considera fundamental á hora de impartir docencia ao seu alumnado.
 
O tratamento de certas dificultades de aprendizaxe, o seu recoñecemento e a adquisición de ferramentas que poidan axudar ao alumnado no seu día a día,   son elementos  indespensables para levar a cabo unha correcta atención á diversidade nas aulas.