“Fábula xudía” – Manuel Domínguez

O meu escrito de hoxe está baseado nunha fábula xudía, aplicado o conto á España de hoxe.

Certo día o espírito do bosque, vendo a magnitude, a basta diferenza de árbores, creu que era boa cousa certa orde e para iso falou ao bosque, o vento transmitiu as palabras de Silvano, a todos os recunchos, e isto escoitouse.

Señoras árbores, para o mellor control e a seguridade de todos, faise necesario certa orde, seria mester nomear un xefe para que dirixa e protexa este bosque multicolor.

Ao que a oliveira contestou “eu non podo, teño que dedicarme a dar boas olivas, para producir un bo aceite”.

O carballo e a sobreira contestaron o unísono, “nós non podemos estamos a producir landras para alimentar estes saborosos porcos”.

A vide tamén contesto, eu estou ocupada coas miñas uvas, que un día darán un saboroso viño.

A figueira dixo, “eu tampouco podo, dedícome a regalarvos estes deliciosos figos que tanto vos gustan”.

E así un tras outro, ao fin só quedaban como candidatos as silvas, e unhas matogueiras, que se presentaron como candidatos, ao ser os únicos, as silvas foron coroadas, como primeiro dirixente do bosque, estas xunto con outras herbas estériles, e outras malas herbas como a avea tola, o cardo fundidor ou a verdolaga, fixéronse co poder.

Así ao paso do tempo o que un día foi un belo e frutífero bosque, baixo o goberno destes malignos ignaros, gobernados por estes chupópteros, que só facían absorber toda a auga da terra para si mesmos, así ao paso dun curto período de tempo, o que un día foi un fermoso frondoso bosque, quedou convertido nun baldío, unha terra estéril.

Conclusión, cando os capaces dedícanse a producir, e os inútiles toman o poder isto é o que pasa, fácil de entender, si, pero difícil de ver, á vista está.