Este domingo celébrase no Son a edición 2021 do Encontro Comarcal Nada e Corre

O Concello de Porto do Son co-impulsou este mes un importante acontecemento deportivo feito á medida dos importantes talentos e capacidades das nenas e nenos do Barbanza: o Encontro Comarcal Nada e Corre, edición 2021. Será este domingo 21 de novembro, no Complexo Deportivo Municipal.

O evento ten aberto xa o prazo de inscrición a través da web de FEGATRI, onde tamén podemos atopar información detallada sobre o encontro deportivo, organizado por ARTROGAL, FEGATRI (Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno), TRI 498, a Fundación Deporte Galego, a Secretaría Xeral para o Deporte, o Grupo SOOM e o Concello de Porto de Son.

Segundo se fixo saber na presentación, a actividade xuntará 200 rapaces deportistas, na súa maioría da nosa comarca, pertencentes ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadetes. O evento comezará ás ás dez e media da mañá.