En Ribeira o alumnado do Obradoiro de Cociña O Pote II participa nunha charla sobre nutrición

No marco das actividades que se están a desenvolver no treito final do obradoiro de emprego de cociña O Pote II, este xoves tivo lugar unha charla sobre nutrición ofrecida por Ana Rodriguez Sampedro, farmacéutica comunitaria en A Pobra, especialista en nutrición e experta universitaria en saúde pública.
A actividade tivo como obxectivo que o alumando afondase nos conceptos básicos sobre os macro e micronutrientes, as racións recomendadas, o prato de Harvard, os cambios que sofren os alimentos coas diferentes técnicas culinarias e unha práctica sobre a selección dos alimentos dependendo do grupo ao que pertencen e a elaboración dun menú semanal equilibrado.
O concelleiro de promoción económica de Ribeira, Ramón Doval, fíxolle entrega á conferenciante dunha cesta con diversos obsequios, con produtos da asociación Ambar e dúas latas elaboradas o pasado 22 de outubro polos membros de O Pote II nunha acción conxunta co alumnado do ciclo de industrias alimentarias do CIFP Coroso que tivo
como ingrediente principal Mexillón de Galicia.