En Ribeira comezan as obras de instalación de beirarrúas e pluviais en Cubeliños

23 Novembro 2021

O Concello de Ribeira informa do arranque dunha actuación consistente na dotación de beirarrúas e canalización de augas pluviais a unha zona do barrio de Cubeliños, preto da escola infantil municipal.
As obras, que están executadas por Abootec Promociones Gestiones Inmobiliarias, S.L., teñen por fundamental obxectivo mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria na zona en cuestión mediante a construción dunha beirarrúa de 2 metros de ancho e 330 metros de longo que permita circular aos peóns de forma segura.
Ademais, será instalada unha rede de pluviais formada por 255 metros de tubo de PVC con 315 milímetros de diámetro, 8 pozos de rexistro e 11 arquetas.
O investimento ascende 54.092, 71 euros, IVE incluído, e está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación. O prazo de execución son catro meses.

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal mostra xa ao Valle-Inclán máis íntimo

A cesión de obxectos persoais e mobiliario do Pazo da Mercé onde residiu o autor, xunto á súa biblioteca persoal, completa a colección do seu museo na localidade coruñesa. O pleno do concello da Pobra do Caramiñal aprobaba esta mesma semana unha corrección de erros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...