En Ribeira caloroso homenaxe aos deportistas locais Álex Vidal, Manu Parada, Cristian Estefano e Laura Martínez

20 Novembro 2021

O tempo acompañou e foron numerosos os veciños e veciñas que se achegaron ata a praza do Concello para respaldar coa súa presenza e aplauso o acto de homenaxe a catro deportistas ribeirenses que veñen de conquerir grandes éxitos deportivos ao longo do ano: o taekuondista Álex Vidal (primeiro ribeirense en disputar unha paraolimpiada na historia do noso municipio); Laura Martínez (campioa co Arraun Lagunak na bandeira da Concha e na esixente liga feminina vasca), o veteramo ciclista Manu Parada (gañador do Open de España de BTT en categoría master) e o fisioculturista
Cristian Estéfano (campión de España).
Abriu o acto o concelleiro de Deportes, Javier Sampedro, antes de dar paso á entrega de obsequios aos catro deportistas por parte do alcalde Manuel Ruiz, quen na súa intervención final apelou aos presentes a presumir de ribeirismo, con tantos veciños que destacan en multitude de facetas, como é o caso dos catro homenaxeados
hoxe e como outros deportistas que tamén serán recibidos no futuro.

Baldosa en Castiñeiras

Concluído o acto na cidade ribeirense, o foco da noticia trasladouse ao paseo marítimo de Castiñeiras, onde foi descuberta unha baldosa co nome de Álex Vidal por iniciativa dos seus familiares, amigos e veciños da parroquia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...