En Noia avanzan os traballos de pavimentado e saneamento en Becollo-Figueira-Vilaboa

05 Novembro 2021

O Concello de Noia informou esta semana do avance das obras de pavimentado e saneamento que están a realizar nos núcleos de Becollo-Figueira-Vilaboa, parroquia de Argalo.


O Goberno local engadiu que se está a traballar nunha lonxitude de 1.5 quilómetros, mellorando a da capa de rodaxe con aglomerado en quente, e achegando 750 metros de canalización con pozos de rexistro para saneamento, limpeza de gabias e canalización da cuneta, coas correspondentes embocaduras para recollida de augas pluviais.

Nos vindeiros días procederase coa instalación da sinalización horizontal e co pintado de liñas en bordes para rematar a obra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...