En Muros sancionado un local de lecer nocturno por vender alcol a menores

24 Novembro 2021

A Garda Civil do Posto de Muros a e a patrulla de Fiscal de Noia sancionou a pasada fin de semana un establecemento de lecer nocturno na localidade coruñesa de Muros pola venda de alcol a menores.

Os feitos ocorreron por mor da colaboración cidadá que alertou da venda de alcol “de forma reiterada” a menores de idade. A Benemérita iniciou unha investigación para comprobar os feitos e estableceu un operativo nun coñecido establecemento de lecer nocturno co fin de verificar o cumprimento da normativa de venda de alcol a menores.
Tras verificar que no interior do local fornecíase nese mesmo momento alcol a oito persoas menores de 18 anos a Garda Civil estendeu acta denuncia polo incumprimento da normativa vixente sobre medidas sanitarias do Covid, fumar interior do establecemento, así como ao propio local por executar e tolerar ditas condutas.

Outros artigos

Falece afogado un home de 80 anos na praia de Caldebarcos en Carnota

Un home de 80 anos morreu afogado na mañá deste venres na praia de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota, á que acudira para darse un baño. O falecido é veciño de Caldebarcos. O corpo da persoa falecida foi recuperado por un particular. Foi o mesmo particular...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...