En Boiro retomase a actividade de participación cidadá Un café co alcalde cun encontro coa veciñanza de Abanqueiro

24 Novembro 2021

O Concello de Boiro retoma o Café co alcalde, un programa de participación cidadá co que se busca chegar aos veciños e veciñas de todas as parroquias do municipio e atender as súas necesidades e demandas. A próxima xuntanza veciñal será o venres 26 de novembro, ás 18.00 horas, no Centro Social de Abanqueiro.
Estas xuntanzas comezaron a facerse no ano 2020 pero tiveron que paralizarse por mor da situación sanitaria da Covid-19, polo que se van retomar agora. A finalidade é que se poidan realizar de xeito periódico e xuntarse cos
veciños e veciñas dos distintos núcleos de poboación para coñecer as demandas e necesidades conxuntas da veciñanza de cada lugar.
Con estas actividades o que se pretende é ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade aos veciños e veciñas de que transmitan as peticións e demandas para activar un tipo de participación cidadá directa útil
para a veciñanza e a administración. Estas xuntanzas pretenden servir como complemento ás xuntanzas veciñas individuais que o alcalde mantén de xeito semanal e coñecer as demandas colectivas.
Este formato de xuntanzas directas coa alcalde, á que asistirán tamén concelleiros e concelleiras do goberno, retómanse esta semana cun encontro coa veciñanza de Abanqueiro. A cita, aberta a toda a veciñanza do lugar será
ás 18.00 horas no Centro Social de Abanqueiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...