Ecoloxistas e o sector do mar da Arousa volven unirse contra a reapertura da mina de Touro

15 Novembro 2021

Novamente os ecoloxistas e as entidades profesionais mariñeiras e marisqueiras da ría da Arousa veñen de xuntar forzas para frear a nova tentativa de reabrir a mina de Touro. Esta fin de semana esta fronte común foi reforzada cunha reunión na Illa de Arousa de colectivos veciñais, ecoloxistas e representantes do sector do mar. As organizacións esixen que a Xunta faga cumprir á mineira a súa obriga de formular “un verdadeiro plan de restauración” dos terreos que teña “como obxectivo único asumir os pasivos mineiros” da antiga explotación e “resolver o problema de contaminación” aínda existente.

Asinan este manifesto de protesta: ACOUGA, ADEGA, AMEGROVE, AMEVILA, A.P.D.R. de Pontevedra, APM A Pobra, APM Rúa Mar da Illa de Arousa, APM San Amaro, APM San Saturnino de Cambados, APM Virxe Do Carme Abanqueiro, ASMECRUZ Asociación Ambiental, AMABUL de Vedra, a Asociación de Mexilloeiros Illa de Arousa, Asociación de Mexilloeiros Xidoiros, Asociación Tralapena ASPROMERI, CIG Colectivo, Confraría da Pobra do Caramiñal, Confraría de Cabo de Cruz, Confraría de Rianxo, Confraría San Antonio de Cambados, Confraría San Martiño do Grove, Confraría de Vilaxoán, Ecoloxistas en Acción, o Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Cornado Mina non Ecoloxista do Salnés, Federación Ecoloxista Galega, Fundación Montescola, FRUGA, OPMEGA, OPMEGAL, PDR De Vigo, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non, SGHN, Sindicato Labrego Galego, SOS Suído Seixo e Verdegaia.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...