Dodro convoca axudas para a escolaridade do alumnado e para a adquisición de material informático

10 Novembro 2021

O Concello de Dodro convocou dúas liñas de axudas para as familias. Trátase, por unha banda, dunha liña de apoios para a escolaridade con vistas ao curso 2021-2022 e, pola outra, dunha contía reservada para a adquisición de equipos informáticos e medios dixitais, orientada esta última a favorecer a integración tecnolóxico-docente das familias nun contexto, o actual, no que resulta máis imprescindíbel ca nunca esa integración.

Respecto das persoas destinatarias das axudas á escolaridade, será o alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria durante o actual curso escolar, pertencentes a unidades familiares empadroadas en Dodro. Subvencionarase a adquisición de material escolar (todo tipo de material agás libros de texto xa subvencionados ou de préstamo) incluíndo gastos de actividades extraescolares e vestiario deportivo. Achegaranse oitenta euros a cada familia beneficiada.

No que atinxe ás axudas para o material informático, vai destinada a nenas e nenos de Primaria, ESO e de calquera dos niveis e modalidades de FP e Bacharelato. Inclúense a compara de portátiles, computadores de sobremesa, tabletas e dispositivos adicionais (USB, memoria externa, impresora, auriculares, etc). O importe será de 250 euros, financiado a través dos fondos da Deputación.

O prazo para solicitar ambas axudas estará aberto até o día 9 de decembro, incluído.

Outros artigos

Mellora das paradas de autobús na comarca en Dodro, Rois e Padrón

As obras de mellora da accesibilidade en 63 paradas de autobús en estradas autonómicas na zona sur de Santiago, realizadas pola Xunta cun investimento de 1,8 millóns de euros, alcanzaron xa un progreso do 25%. Estas accións forman parte dun contrato máis amplo que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...