“Desesperación” – José Manuel Pena

10 Novembro 2021

Soa o teléfono. A voz dunha muller desesperada pídenos axuda. É unha familia de pescadores da Costa da Morte, que se ven angustiados ante a inminente perda da súa vivenda habitual ao non poder facer fronte ao préstamo hipotecario. Levan bastante tempo sen poder ingresar as cotas ao banco porque os ingresos obtidos, no barco de pesca de litoral, non son de abondo como para facer fronte aos custos empresariais: seguridade social dos tripulantes, salarios, etc. Quedamos, como non podía ser doutra maneira, en vernos persoalmente para concretar detalles.

Outra historia máis dunha familia humilde que, coa chegada da crise, non puido facer fronte ás súas obrigacións financeiras e acumularon diversas débedas. Coméntannos que mesmo levaban máis de tres meses sen luz na vivenda e comendo pescado todos os días. O peor de todo é que sempre hai fillos menores. Até o momento tiveron medo de solicitar axuda, polo que dirán, por “vergoña” ao vivir nunha pequena localidade onde todo o mundo se coñece. Ao final era tal a desesperación que foron conscientes de que xa non tiñan máis nada que perder.

Estudamos o caso desta familia e buscamos, xunto coa entidade financeira, unha solución satisfactoria. Actualmente a familia segue residindo na vivenda unifamiliar e grazas a unha longa moratoria pode chegar a fin de mes. O marido, cada madrugada, pon a proa da súa pequena embarcación cara ao horizonte, tratando de manter á boia o seu único medio de traballo e subsistencia. É consciente das dificultades coas que se atopan a maioría dos produtores e o inxusto do libre mercado, en ocasións. Non son capaces de pór en valor o froito do seu traballo e seguen sendo os intermediarios os que sacan os maiores beneficios.

Outros artigos

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

+

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...

+

“Medo e decepción” – José Manuel Pena

Segundo a ONU, as enquisas de opinión pública en todos os países coinciden en sinalar que os cidadáns non se senten representados polos seus gobernos e teñen unha pésima opinión da honestidade e sentido do servizo público dos políticos e votan máis en contra do que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...