De Ste Xeito leva Feminíssimas á Pobra (este 14 de novembro no Elma)

09 Novembro 2021

A Pobra segue este mes de novembro en clave de teatro e, principalmente, teatro con nomes e historias de mulleres. Sen ir máis lonxe, este 14 de novembro, ás 19.00 horas, chega ao Elma a peza teatral Feminíssimas, que forma parte da programación cultural que transcorrerá na Pobra durante o último trimestre do ano con sesións teatrais dirixidas a maiores de 16 anos.

O espectáculo vén da man da compañía De Ste Xeito Producións e cóntanos a historia de tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven e que coinciden nun Congreso Feminista na cidade de Vigo: tres amigas que teñen tres maneiras distintas de entender a loita polos dereitos das mulleres.

A peza está dirixida por Xavier Castiñeira e con dramaturxia da autora e actriz rianxeira Esther F. Carrodeguas, quen tamén forma parte do elenco xunto con Stephy Llaryora e Noelia Blanco.

A entrada é de balde e as persoas interesadas en asistir deben formalizar a súa reserva na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545. Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...