Controis de Tráfico esta semana para verificar pneumáticos e luces

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) desenvolverá entre o mércores e o xoves desta semana unha campaña para verificar o estado dos pneumáticos e das luces dos vehículos que circulen polas estradas galegas.

O ano pasado, o 62 por cento dos vehículos nos que viaxaban as vítimas mortais de accidentes de tráfico en vías urbanas tiñan máis de 10 anos de antigüidade, un feito que motivou que as Xefaturas de Tráfico en Galicia volvesen a incluír no calendario anual de campañas unha dedicada exclusivamente á vixilancia das condicións dos automóbiles que circulan polas estradas e, en concreto, dos pneumáticos e as luces.

Durante a campaña similar levada a cabo en 2020, controláronse máis de 16.300 vehículos. Así, impuxéronse 415 denuncias polo estado das rodas –261 a turismos, 126 a furgonetas e 107 a autobuses e camións–, 131 por defectos na iluminación e outras 11 sancións por incumprir a distancia de seguridade.