Chegan a Ribeira, este venres, as obras distinguidas no 15º Premio de Fotografía Luis Ksado

16 Novembro 2021

As obras galardoadas na décimo quinta edición do Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado que organiza a Deputación da Coruña desembarcarán este venres 19 de novembro no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.

A instalación albergará as creacións do fotógrafo gañador (J. M. López, coa proposta Atrapados ás porta de Europa) e as dos seis finalistas: Javier Atienza Alonso (Horizonte olvidado de arena), Clemente Bernad (Morir de sueños), Jesús Caballero (Carretera descoñecida), Miguel Gómez Muñiz (Segunda pel), Brais Lorenzo Couto (Tempos de pandemia) e Jesús Madriñán (A esmorga).

Inauguración

O acto inaugural será o venres ás 13 horas. A mostra poderá verse ata o 17 de decembro de luns a venres de 10 a 13 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.

A entrada é gratuíta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...